Encontro cos gañadores do Premio da Crítica 2015

camiño das estrelasO martes 3 de maio tivo lugar na sede de Afundación situada na rúa do Vilar un encontro entre os gañadores do Premio da Crítica 2015, María do Cebreiro e Manuel Rivas, e a crítica galega representada por Dolores Vilavedra e Inma Otero. O acto organizado pola AGC en colaboración co Ateneo de Santiago contou tamén coa presenza de Chus Nogueira, presidenta da AGC, e Manuel Rivadulla en representación do Ateneo.

Tralos discursos emocionados dos autores premiados que desvelaron algunhas das claves das súas obras e nos agasallaron coa lectura dalgún fragmento, fíxoselles entrega de cadansúa serigrafía de Antón Pulido titulada “Camiño das estrelas”, adicada polo artista plástico. Desde a AGC agradecemos a Antón Pulido a súa xenerosidade e trasmitimos os nosos parabéns aos gañadores.