María Lado entrevista a Mario Regueira no Culturgal

No día de onte, sábado día 3 de decembro, a poeta María Lado entrevistou ao crítico Mario Regueira dentro do marco co Culturgal. Con “A crítica aos ollos da escrita” a AGC pretendía achegar o papel da crítica a todos os axentes que participan no feito cultural desde unha perspectiva máis dinámica e menos institucional da acostumada. A través dunha conversa moi animada, María Lado e Mario Regueira foron debullando os comezos do crítico, a súa relación coa creación ou os motivos que suscitan as súas lecturas, así como outras cuestións ben interesantes relacionadas con este oficio.

13