SIMPOSIO “CRÍTICA E MEDIOS DE COMUNICACIÓN”

O vindeiro mes de novembro, os días 27 e 28, terá lugar o Simposio “Crítica e medios de comunicación” na Facultade de Ciencias da Comunicación da USC. Pódese consultar toda a información no seguinte programa, así como o xeito de facer chegar á AGC as propostas de comunicacións abertas. Tamén se pode acceder ao formulario de inscrición ao Simposio.

Simposio AGC

http://drive.google.com/file/d/0B8CuEOn2AZGNVjNZZjFoNEM5Ym8/view?usp=sharing

PREMIOS DA CRÍTICA

celebración

O 18 dezapatillas rotas abril de 2015 a Asociación Española de Críticos Literarios (AECL) deu a coñecer en Pontevedra o nome dos galardoados co Premio da Crítica 2014 nas catro linguas oficiais do Estado. Na modalidade de poesía galega o gañador foi Gonzalo Hermo con Celebración (Apiario), mentres que Xavier Quiroga se fixo co premio da narrativa con Zapatillas rotas (Xerais). A Asociación Galega da Crítica estivo representada polo crítico Ramón Nicolás.

O premio de narrativa en éuscaro levouno o escritor Unai Elorriaga con Iazko hezurrak (Susa) e o de poesía Felipe Juaristi con Piztutako etxea (Erein). En lingua catalá os premiados foron Toni Sala con Els nois (L’Altra Editorial) na modalidade narrativa e Màrius Sampere con Ningú més i l’ombra (Proa) en poesía. Andrés Ibáñez fíxose co galardón da narrativa castelá con Brilla, mar del Edén (Galaxia Gutenberg) mentres que o de poesía recaeu en Lorenzo Oliván con Nocturno casi (Tusquets).