Encontro con Isaac Xubín e Eva Veiga, gañadores do Premio da Crítica 2016

O mércores 24 de maio tivo lugar na sede de Afundación situada na rúa do Vilar, 19, en Santiago de Compostela, un encontro entre os gañadores do Premio da Crítica 2016, Isaac Xubín e Eva Veiga, e a crítica galega representada por Eva Luna e María do Cebreiro Rábade. O acto organizado pola AGC en colaboración co Ateneo de Santiago contou tamén coa presenza de Chus Nogueira, presidenta da AGC, e o presidente do Ateneo, Salvador García Bodaño.

 

Tralos discursos de Ana Luna e María do Cebreiro, que funcionaron como presentación á obra e autor/a, Xubín e Veiga agasallaron ás persoas alí presentes coa lectura da súa obra.

 

Ao rematar o acto fíxoselles entrega aos gañadores dunha teas pintadas de Antón Meizoso, personalizadas e inspiradas nas obras gañadoras.

 

 

 

 

 

 

Desde a AGC agradecemos a Isaac Xubín e Eva Veiga pola súa asistencia,a Ana Luna e María do Cebreiro pola súa boa representación da crítica galega, ao Ateneo de Santiago por deixarnos usar o seu espazo, e tamén a toda a xente que asistiu o acto para estar con nós e apoiar á crítica en Galicia. O ano que ven máis e mellor!

Podedes ver os encontro íntegro na web do Ateneo: http://www.ateneodesantiago.com/?p=10120

 

PREMIOS DA CRÍTICA 2016.

O 22 de abril déronse a coñecer en Soria os títulos que se fixeron co Premio da Crítica 2016 que concede a Asociación Española de Críticos Literarios (AECL). Os textos gañadores para a literatura galega foron Soño e Vértice de Eva Veiga (Espiral Maior) e Non hai outro camiño de Isaac Xubín (Xerais), propostos pola Asociación Galega da Crítica. A resolución das diferentes fases de votacións tivo lugar no seo dunha reunión da AGC o día 31 de marzo na Facultade de Filoloxía da USC.

Os outros títulos premiados son :
narrativa vasca, Kirmen Uribe, ‘Elkarrekin esnatzeko ordua’. Poesía vasca: Asier Serrano, ‘Linbotarrak’. Narrativa catalá: Sebastià Perelló, ‘Veus al ras’. Poesía català: Lluís Solà, ‘Poesia completa’. Narrativa española; Fernando Aramburu, ‘Patria’. Poesía: Fermín Herrero, ‘Sin ir más lejos’.

 . 

María Lado entrevista a Mario Regueira no Culturgal

No día de onte, sábado día 3 de decembro, a poeta María Lado entrevistou ao crítico Mario Regueira dentro do marco co Culturgal. Con “A crítica aos ollos da escrita” a AGC pretendía achegar o papel da crítica a todos os axentes que participan no feito cultural desde unha perspectiva máis dinámica e menos institucional da acostumada. A través dunha conversa moi animada, María Lado e Mario Regueira foron debullando os comezos do crítico, a súa relación coa creación ou os motivos que suscitan as súas lecturas, así como outras cuestións ben interesantes relacionadas con este oficio.

13

A Asociación Galega da Crítica no Culturgal

O sábado día 3 de novembro haberá un encontro entre crítica e creación literaria dentro das actividades programaa-critica-aos-ollos-da-escritadas no Culturgal deste ano, que terá lugar os días 2, 3 e 4 de decembro no Pazo da Cultura de Pontevedra. Baixo o título “A crítica aos ollos da escrita”, a poeta María Lado entrevistará ao crítico Mario Regueira ás 18:00 no espazo Libro. Pódese consultar a programación do Culturgal na seguinte ligazón: http://culturgal.com/programacion-culturgal-2016/

Encontro cos gañadores do Premio da Crítica 2015

camiño das estrelasO martes 3 de maio tivo lugar na sede de Afundación situada na rúa do Vilar un encontro entre os gañadores do Premio da Crítica 2015, María do Cebreiro e Manuel Rivas, e a crítica galega representada por Dolores Vilavedra e Inma Otero. O acto organizado pola AGC en colaboración co Ateneo de Santiago contou tamén coa presenza de Chus Nogueira, presidenta da AGC, e Manuel Rivadulla en representación do Ateneo.

Tralos discursos emocionados dos autores premiados que desvelaron algunhas das claves das súas obras e nos agasallaron coa lectura dalgún fragmento, fíxoselles entrega de cadansúa serigrafía de Antón Pulido titulada “Camiño das estrelas”, adicada polo artista plástico. Desde a AGC agradecemos a Antón Pulido a súa xenerosidade e trasmitimos os nosos parabéns aos gañadores.

Encontro da crítica cos autores galardoados cos Premios da Crítica 2015

O martes 3 de maio celebraremos un encontro cos autores galardoados cos Premios da Crítica 2015, no que participarán María do Cebreiro, Inmaculada Otero Varela, Celia Torres (en representación de Manuel Rivas) e Dolores Vilavedra.

O acto, organizado en colaboración co Ateneo de Santiago de Compostela, terá lugar na sede de Afundación (Rúa do Vilar, 19), ás 20.00.

Premios da Crítica 2015

O 23 de abril51jF+iiZhYL._SX328_BO1,204,203,200_, coincidindo este ano co Día Internacional do Libro, fanse públicos na cidade de Santa Cruz de la Palma os títulos sobre os que recae o Premio da Crítica 2015 que concede a Asociación Española de Críticos Literarios (AECL), a proposta da Asociación Galega da Crítica. A AGC reuniuse o venres 15 de abril na Facultade de Filoloxía da USC para votar as obras que despois se presentarían a AECL. O galardón da poesía en lingua galega é para a obra O Deserto (Apiario) de María do Cebreiro, mentres que a novela que se fai co premio na modalidade de narrativa é O último día de Terranova (Xerais) de Manuel Rivas.

En éuscaro faisíndicee co premio o poemario Los poemas de Lainoa Janez de Juan Kruz Igerabide e a novela Lili eta biok de Ramon Saizarbitora. En catalán gáñano Martí Domínguez por La sega e Gemma Gorga por Mur, e en castelán o galardón na modalidade narrativa é para Cristina Fernández Cubas polo libro de relatos La habitación de Nona mentres que o de poesía recae en  Ángeles Mora por Ficciones para unha autobiografía.

 

Nova do nacemento da AGC en Italia

A páxina web italiana Insual Europea, dirixida polo profesor da Universià di Perugia Carlo Pulsoni, especialista en Filoloxía e Lingüística Románica, inclúe a nova do nacemento da AGC. A web acolle información sobre as literaturas escritas en diferentes linguas europeas, entre as que se atopa o galego. Pódese consultar a noticia no seguinte enderezo, no que tamén se pode acceder ao texto en inglés: http://www.insulaeuropea.eu/letture/associazione_galega_critica.html

La nascita dell’Associazione Galega della Critica

Nel mese di febbraio di quest’anno si è costituita l’ Associazione Galega della Critica (= AGC), a seguito di un’assemblea tenutasi presso la Facoltà di Scienze della Comunicazione dell’Università di Santiago de Compostela. L’Associazione nasce con l’obiettivo di intervenire, in piena autonomia, nell’analisi e nello studio della produzione letteraria, artistica e culturale della Galizia e nei dibattiti tecnici relativi a quest’ambito, includendo fattori quali le abitudini di lettura e consumo, oltre ai processi di istituzionalizzazione culturale. La priorità dell’AGC riguarda il coinvolgimento di quei critici che attualmente stanno esercitando il loro lavoro sia in campo accademico sia giornalistico, indipendentemente dal fatto che lo svolgano su carta o sul web. Si cercherà di integrare nell’Associazione anche quelle persone che stanno svolgendo a diversi titoli attività di critica nella sfera pubblica.

L’AGC cercherà inoltre di contribuire alla proiezione e internazionalizzazione della produzione artistica e letteraria galega. Stabilirà le opportune relazioni con enti affini nel contesto iberico, europeo e atlantico, così come con organizzazioni di scrittori, artisti – plastici e visivi – e con il mondo teatrale e cinematografico galego.

Tutti questi motivi hanno spinto l’AGC ad organizzare il Congresso “Crítica e medios de comunicación”, che si terrà nei giorni 27 e 28 novembre 2015, presso la Facoltà di Scienze della Comunicazione dell’Università di Santiago de Compostela.

Per qualsiasi informazione sull’associazione, sul programma del convegno e la relativa scheda d’iscrizione, si può consultare il blog agcritica.blogaliza.org e la seguente pagina di Facebook: http://www.facebook.com/AGCritica.

Comitato direttivo:

Presidente: María Xesús Nogueira Pereira
Vicepresidente: Arturo Casas Vales
Segretaria: Isabel Mociño González
Tesoriere: Inmaculada Otero Varela
Consiglieri: Eulalia Agrelo Costas e Xosé Manuel Eyré Val

 

I Simposio “Crítica e medios de comunicación”

Os días 27 e 28 de novembro, a Asociación Galega da Crítica celebrou, na Facultade de Ciencias da Comunicación de Santiago de Compostela, o Simposio Crítica e medios de comunicación (http://agcritica.blogaliza.org/files/2015/11/Simposio-AGC.jpg).
O encontro abriuse coa conferencia “Materia escura. Todo o que nunca quixeches saber sobre a crítica”, a cargo de Camilo Franco. O xornalista abordou algúns dos prexuízos nos que asentan tanto o xornalismo cultural como, sobre todo, a crítica, e recordou que a función desta é interpretar a cultura en canto construción da sociedade.
Ao longo da tarde tiveron lugar ademais dúas mesas redondas. Na primeira delas, “A crítica cultural”, Miguel Anxo Rodríguez, abordou a perda de influencia da crítica de arte tal como se viña entendendo, así como a súa oportunidade nas novas canles dixitais. Isabel Mociño centrouse na crítica da literatura infantil e xuvenil, salientando o seu desenvolvemento e especialización nos últimos anos. Pola súa banda, Alfredo Ferreiro explicou a súa experiencia á fronte da revista dixital Palavracomum, creada baixo un modelo de tribalismo como forma de relación.
Na segunda das mesas, Armando_Carlos_Moncho_Isabel-1“A crítica en Galicia”, Armando Requeixo incorporou ao debate algunhas preguntas arredor do exercicio da crítica literaria na actualidade, como quen a escribe, para quen, con que condicionantes e onde. Carlos Quiroga denunciou as perversidades dunha crítica concibida como xénero autobiográfico situado entre o druidismo ruidoso e o reseñismo prostibulario. Finalmente, Moncho Lemos cuestionou a morte da crítica de cine tal como se viña entendendo tradicionalmente, debido á súa escasa incidencia no mercado.
A xornada do sábado deu comezo coa mesa “A crítica desde fóra da crítica”, na que Arturo Casas reflexionou sobre o pensamento crítico xerado arredor da autorrepresentación fotográfica. A seguir, Marilar Aleixandre referiuse, desde a perspectiva da autoría, á supresión dalgúns prexuízos ideolóxicos na crítica dos últimos anos, ao tempo que avogou por recuperar as emocións no discurso crítico. A mesa complementouse coa visión do editor Francisco Macías, quen aludiu á escasa incidencia da crítica na produción e na edición de textos.
“A recepción da crítica” centrou a última das mesas, na que Pilar Castro, membro da Asociación de Críticos Literarios Españoles, explicou cuestións relPilar_Natalia_Ana_Oliviaativas ao traballo durante décadas como crítica de narrativa española na prensa escrita. Desde o punto de vista da crítica de artes visuais interviu Natalia Poncela, quen insistiu no esquecemento do carácter dialóxico da crítica e na necesidade de non se perder nunha linguaxe ensimesmada. Por último, Ana Luna referiuse ás particularidades da crítica de tradución, á súa escasa presenza nos medios e ás mudanzas que experimentou nos últimos tempos.
Como peche do simposio, Antón Lopo pronunciou a conferencia “Social ou público?”, onde expuxo, a xeito de crónica, o proceso de aniquilación da cultura galega iniciado hai sete anos, a mudanza cara a un modelo de cultura nova, aínda en construción, e o papel da crítica no momento actual, coa apariciónLopo dalgúns discursos innovadores.
A función da crítica, a súa incidencia real no mercado, os seus condicionantes e perversidades, o seu ton moitas veces condescendente e o seu futuro no marco das novas tecnoloxías, foron obxecto de debate ao longo de dúas xornadas frutíferas que serviron, ademais, como punto de encontro entre discursos críticos procedentes de ámbitos diferentes.