Encontro cos gañadores do Premio da Crítica 2015

camiño das estrelasO martes 3 de maio tivo lugar na sede de Afundación situada na rúa do Vilar un encontro entre os gañadores do Premio da Crítica 2015, María do Cebreiro e Manuel Rivas, e a crítica galega representada por Dolores Vilavedra e Inma Otero. O acto organizado pola AGC en colaboración co Ateneo de Santiago contou tamén coa presenza de Chus Nogueira, presidenta da AGC, e Manuel Rivadulla en representación do Ateneo.

Tralos discursos emocionados dos autores premiados que desvelaron algunhas das claves das súas obras e nos agasallaron coa lectura dalgún fragmento, fíxoselles entrega de cadansúa serigrafía de Antón Pulido titulada “Camiño das estrelas”, adicada polo artista plástico. Desde a AGC agradecemos a Antón Pulido a súa xenerosidade e trasmitimos os nosos parabéns aos gañadores.

Encontro da crítica cos autores galardoados cos Premios da Crítica 2015

O martes 3 de maio celebraremos un encontro cos autores galardoados cos Premios da Crítica 2015, no que participarán María do Cebreiro, Inmaculada Otero Varela, Celia Torres (en representación de Manuel Rivas) e Dolores Vilavedra.

O acto, organizado en colaboración co Ateneo de Santiago de Compostela, terá lugar na sede de Afundación (Rúa do Vilar, 19), ás 20.00.

PREMIOS DA CRÍTICA

celebración

O 18 dezapatillas rotas abril de 2015 a Asociación Española de Críticos Literarios (AECL) deu a coñecer en Pontevedra o nome dos galardoados co Premio da Crítica 2014 nas catro linguas oficiais do Estado. Na modalidade de poesía galega o gañador foi Gonzalo Hermo con Celebración (Apiario), mentres que Xavier Quiroga se fixo co premio da narrativa con Zapatillas rotas (Xerais). A Asociación Galega da Crítica estivo representada polo crítico Ramón Nicolás.

O premio de narrativa en éuscaro levouno o escritor Unai Elorriaga con Iazko hezurrak (Susa) e o de poesía Felipe Juaristi con Piztutako etxea (Erein). En lingua catalá os premiados foron Toni Sala con Els nois (L’Altra Editorial) na modalidade narrativa e Màrius Sampere con Ningú més i l’ombra (Proa) en poesía. Andrés Ibáñez fíxose co galardón da narrativa castelá con Brilla, mar del Edén (Galaxia Gutenberg) mentres que o de poesía recaeu en Lorenzo Oliván con Nocturno casi (Tusquets).